sábado, 7 de novembro de 2015

Jesús Pareja - Chegou Magosto



Chegou Magosto   ( Jesús Pareja)
Móvense as flores
Movense as nubes do ceo
Móvense as augas e a sombra
do teu cabelo
as coures dos ouros
esconden os verdes do campo
Outono aparece cantando
Suave e despacio
Espertanme as pingas de auga
que esparan da noite
Esoan racimos de notas
que veñen do monte
Parecen que queren dicirme
Que vaia ao seu lado
Que o sol de verán xa marchou,
Foise voando…
Castañas , ourizos, mazás,
Un montón de recordos.
Os peixes e a escuma do mar
Saen dos soños…
Chegou Magosto co seu vento,
Meu amigo
Coa súa cariña de frío
que quixéramos quentar
E chegou Magosto ,
Faille sitio no teu niño.
Dalle festa , dalle abrigo,
Ven con el a disfrutar
Do seu sabor…(bis)
Pequenos esquíos traballan
Polos piñeiros
Os figos semellan pendentes
Verdes no ceo…
As árbores queren bailar
Unha danza co vento.
E voltas os risos do ar
Sempre tan ledos.
Castañas , ourizos, mázas
Un montón de recordos…
Os peixes e a escuma do mar
saen dos soños.
Chegou magosto co seu vento,
Meu amigo.
Coa súa cariña de frío
que quixéramos quentar
e chegou Magosto,
faille sitio no teu niño.
Dalle festa, dalle abrigo,
Ven con el a disfrutar…
Do seu sabor…
Do seu sabor…
Chegou magosto co seu vento,
Meu amigo.
Coa súa cariña de frío
que quixéramos quentar
e chegou Magosto,
faille sitio no teu niño.
Dalle festa, dalle abrigo,
Ven con el a disfrutar…
Do seu sabor…


























































































































Do seu sabor…


Ningún comentario:

Publicar un comentario